Menu Close

Santiago acollerá a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina.

A Copa Galicia Feminina, evento que enfronta  aos  catro  mellores equipos da pasada temporada  nun formato de Final  Four,  terá lugar este sábado día 4 de  xaneiro en Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Santiago de Compostela e o club local o CV Santiago.

O Pavillón Municipal  do Restollal será a sede do mellor voleibol feminino galego, ao acoller este torneo que enfrontará ao Arenal  Emevé (Lugo), CV  Bruxas (Ames) , Autos Cancela Zalaeta ( A Coruña) e ao Club  Korbis (Monforte).

Desde as 10 da mañá as xogadoras se  enfentarán ao longo do día co obxectivo de avanzar ata a gran final que se celebrará ás 19:00. O Arenal  Emevé, vixente campión, tentará repetir o triunfo logrado polo equipo masculino ao impoñerse o pasado setembro en A Cachada ( Boiro).

O evento será presentado este xoves día 2  as 11:00 no Pazo de Raxoi coa presenza de Gonzalo Muíños Sánchez, Concelleiro de Movilidad, Seguridade Cidadá e Festas de Santiago de Compostela e o Presidente da Federación Galega de Voleibol Jose Ángel Luna.