Menu Close

Seguro Deportivo XOGADE

Tras as dúbidas xurdidas na pasada reunión en Santiago de Compostela sobre a cobertura do seguro XOGADE na actividade federada, procedeuse a realización da consulta no servizo provincial. Este indicounos que o seguro para actividade federada ten a mesma duración que a temporada da federación que o tramita. É dicir, no caso do voleibol, as altas dadas dende o 1 de setembro de 2019 estarán cubertas ata o 31 de agosto do 2020.

Se tendes algunha outra dúbida, contactade coa Federación en horario de oficina ou a través do correo electrónico correo@fgvb.es