Menu Close

Suspensión por tempo indefinido de actividades e competicións da FGVb

Tras a ampliación do estado de emerxencia por parte do Goberno, con 15 días a maiores dos inicialmente previstos, a Federación Galega de Voleibol amplía tamén a suspensión de todo tipo de competicións e actividades de forma indefinida.

O inicio de todas as actividades e competicións, que poñerá fin a esta prórroga , comunicarase a través das diferentes canles oficiais da FGVb como son a páxina web e as redes sociais.

Pode consultar a nova circular 6 no seguinte enlace.

Dende a FGVb esperamos que esta situación se resolva ca maior brevedade posible, e recordamos que ca axuda de todos así poderá ser.