Menu Close

VII Xornada de Tecnificación para adestradores

A Escola Galega de Adestradores, en colaboración coa Real Federación Española de Voleibol, ofrece unhas novas xornadas de tecnificación para adestradores co fin de dotar os técnicos e adestradores galegos de ferramentas de traballo para o desenrolo tanto técnico como táctico dos seus equipos en categorías inferiores.

A xornada, celebrada no  Pavillón Municipal de San Sadurniño o próximo domingo 26 de xaneiro ,está destinada a adestradores , xogadores e árbitros de voleibol, así coma a licenciados e diplomados en Educación Física, alumnos do INEF e das Facultades de Ciencias da Educación, psicólogos, directivos e demáis persoas vinculadas ao voleibol. Para esta ocasión, o poñente será o Seleccionador Nacional Xuvenil masculino Ricardo Maldonado Brooman.

(foto: FIVB.com)

Para consultar a información completa e a folla de inscrición no seguinte enlace. Deixamos un resumo do programa a continuación:

DOMINGO 26 DE XANEIRO

  • 9:00 Inauguración oficial.
  • 9:15 Desenrolo teórico
  • 11:30 Descanso.
  • 12:00 Desenrolo practico
  • 14:00 Fin xornada