Menu Close

Volven as competicións autonómicas da FGVb

No apartado feminino, a máxima competición autonómica está dominada polo CONAVI Xuvenil Teis, que con un encontro máis adianta a un gran Korbis Desguaces Manolo. Igualados en victorias ata a xornada 5, onde o Teis caeu contra o Calasancias, demostran xornada tras xornada o gran nivel que hai na comunidade. O enfrentamento directo foi un igualado 3-2 como era de esperar para o Club Vigues, que mantén o liderato o poder xogar na xornada pasada a pesar da metereoloxía. O Calasancias Coruña e o XAV Cambados son os seguintes na clasiciación, xa a 5 e 10 puntos do segundo clasificado.

Na categoría xuvenil, o Arenal Emeve domina invicta a categoría. Con un pleno de 10 encontros e outras tantas victorias, é a gran favorita. moi de cerca segue o Calasancias Coruña, que soamente perdeu o encontro contra o líder na segunda xornada en un apaixonante encontro que rematou 3-2 para as lucenses.

Unha categoría máis abaixo, repítese a clasificación. O Emeve líder seguido a un punto polo Calasancias Coruña. Pero o terceiro clasificado, o Jealsa Boiro Voleibol tamén está moi cerca a 2 puntos das líderes e 1 punto das segundas.

Xa na base das ligas regulares, de novo atopamos o Arenal Emeve liderando a clasificación con 9 de 10 gañados. Pero en esta ocasión a diferencia de puntos non ten que ver cos partidos gañados, xa que o CVP Gomez Lor Multiópticas tamén ten o mesmo balance de 9 de 10. A diferencia de 1 punto entre ambos son unha proba do loitada que está a clasifición, o gañar na primeira volta o Pontevedra o Emeve, pero ter un partido perdido contra as terceiras clasificadas o Calasancias Coruña, e gañar varios encontros 3-2.

Xa no apartado masculino, o Asesores Vila Castro domina de forma clara a clasificación o ser o único equipo invicto e a pesar de ter 1 encontro menos. O segundo clasificado, o Club Vigo Voleibol, sitúase na táboa a 1 punto pero con un encontro máis xogado. Unha derrota e un encontro gañado 3-2 fan que queda segundo antes do parón de nadal. No enfrontamento directo o Burgas demostrou a súa superioridade gañando 3-0.

Tamén domina de forma clara o Calasancias coruña na categoría Xuvenil. Con pleno de victorias (8 de 8), sitúase a 4 puntos do segundo clasificado, o Jealsa Boiro Voleibol, o cal perdeu ante o líder e deixouse outro punto o gañar 3-2 o seu encontro na segunda xornada contra o Club Vigo Voleibol. No terceiro posto provisional atopamos o Arenal Emeve, con 18 puntos que o situan a 6 da cabeza.

Na categoría Cadete é o Jealsa Boiro Voleibol o equipo invicto que domina antes do parón. Con pleno de victoria nas 8 xornadas disputadas, sitúase a 7 puntos dos segundos, o Korbis Queserías Prado e o Manuela Rial – Voleibol Dumbría, ambos empatados a 17 puntos.

Os mais pequenos nas ligas regulares, os Infantiles, son un reflexo do que ven na casa: 9 encontros gañados de 9 disputados para o Arenal Emeve. Duas victorias e 6 puntos os separan dos segundos, o Calasancias Coruña e o Jealsa Boiro Voleibol, tamén en esta categoría empatados.

O próximo 18 de xaneiro dará comezo a competición alevín, benxamín e a nova PreBenxamín. O futuro do voleibol galego arrancrá en Ourense a priemira das 4 probas que se disputarán esta temporada