Menu Close

14 galegxs nos listados de tecnificación das categorías inferiores da RFEVB

A RFEVB fixo públicos o día de onte os listados dos xogadores e xogadoras que formarán parte dos grupos de tecnificación para o segundo semestre de 2020 en categoría masculina e feminina.

Nestes grupos de tecnificación, que serán a base das seleccións nacionais sub16 feminina e sub17 masculina para o ano 2021, haberá ata 14 xogadores do Volei Galego, algúns deles habituais xa deste tipo de concentracións.

Ca súa primeira data oficial fixada para o mes de marzo, cando se celebren os torneos WEVZA da súa categoría e que son clasificatorios para o Campionato de Europa, estes grupos de tecnificación terán unha convocatoria de traballo no próximo período do Nadal, recuperando así parte da súa planificación a efectos de adestramento e competición que se viu afectada por mor da pandemia desde o pasado mes de marzo,

CATEGORÍA: Sub 15 Femenina (promoción 2006 – 2007)

  • Chloe López Magguilli – Boiro Voleibol
  • Angela Bussieres López – CV Ribeira Sacra
  • Sofía Bussieres López – CV Ribeira Sacra

CATEGORÍA: Sub 16 Masculina (promoción 2005 – 2006)

  • Martín Casais Blanco – Boiro Voleibol
  • Anier Mariño González – Arenal EMEVE
  • Alejandro Amigo Seoane – CV Oleiros
  • Hugo Vilariño Vázquez – CV Oleiros
  • Mateo Fajardo García – Boiro Voleibol

CATEGORÍA: Sub 17 Femenina (promoción 2004 – 2005)

  • Candela López Méndez – Arenal EMEVE
  • Laura De Dios – CV Pontevedra

CATEGORÍA: Sub 18 Masculina (promoción 2003 – 2004)

  • Roi Losada Gordaliza – CV Calasancias
  • Jaime Arjones Ferreirós – Boiro Voleibol
  • Miguel Paradela Cortón – Arenal EMEVE
  • Lucas Wünchmann Porta – CD Aldebarán

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar aos xogadores/as e clubs polo gran traballo que están a realizar, da mesma forma que aos/as seus/súas compañeiros/as de equipo, que fixeron posibles tamén estas convocatorias.