Menu Close

5 medallas para O Volei Galego nos Campionatos de España

Os Campionatos de España finalizaron hoxe día 30 con cinco medallas para o Volei Galego, sendo dúas de ouro e tres de prata. Os equipos galegos desprazados por toda España despregaron un gran voleibol, deixando moi boas sensacións sobre o estado de forma do noso deporte en Galicia.

A primeira das medallas chegaría o 20 de xuño en Valladolid, ca prata conseguida polos alevíns do CD Korbis na categoría masculina, despois dun gran torneo que lles fixo levar a medalla a Monforte, e colocando a Calasancias Coruña, CV Pontevedra e Asesores Vila Castro nas posicións 24, 27 e 29 respectivamente. Na categoría feminina as alevíns do Arenal Emevé destacarían cun logrado séptimo posto, e co Liceo La Paz coándose entre no top 15 ao finalizar na posición 14.

Fotografía: Club Volei Dumbría

A segunda medalla, lograda polo Manuela Rial Dumbría Voleibol, chegaría o día 30 en Soria, despois dunha gran final na que a piques estiveron de remontar dous sets e deixando grandes sensacións na pista. Pola súa parte, o Jealsa Boiro Voleibol remataría nunha meritoria décima posición. Na competición feminina, o Arenal Emevé conseguiu a victoria, coroándose Campioas de España nunha final na que non deu opción ás catalanas do DSV San Cugat, con Uxía Cela como MVP dun torneo no que as coruñesas do Calasancias chegarían ata a posición 17.

Fotografía: Arenal Emevé

No cadete masculino o Jealsa Boiro Voleibol caería en cuartos de final, pero afianzaría o seu gran torneo cunha quinta posición, quedando tamén o CV Oleiros na posición 12 e os lucenses do Arenal Emevé na 23. No apartado feminino, os dous participantes galegos, Arenal Emevé e CV Pontevedra conseguirían grandes posicións, 9 e 12, demostrando alto nivel nas súas participacións.

A segunda medalla de ouro conseguiuna o Jealsa Boiro Voleibol na final xuvenil masculina ante o Voley Palma, no Campionato celebrado en Boiro, e cunha Cachada que levou en voandas aos seus ata o gran premio final, sendo Jaime Arjones, colocador dos locais, o MVP. Os xuvenís do Arenal Emevé levarían unha gran séptima posición, quedando tamén os galegos do CV Vigo na plaza 21 da contenda.

Fotografía: Damián Avilés

O Arenal Emevé, na final do día 30, pecharía a colección de metais para os equipos galegos, cunha prata moi traballada e que recoñece o gran traballo realizado polas Campioas Galegas e xa Subcampioas de España. Pola súa parte, as xuvenís do Autos Cancela Zalaeta rematarían na posición 22 da categoría.

Fotografía: Arenal Emevé

A continuación facemos repaso das actuacións galegas, que demostraron o gran facer dos nosos clubs nunha temporada complicada, pero que puxo en valor todo o traballo realizado ate o momento e que dende a Federación queremos felicitar a todos os seus implicados.

Alevín Masculino:

  • 2. Club Korbis
  • 24. Calasancias Coruña
  • 27. CV Pontevedra
  • 29. Asesores Vila Castro

Alevín Feminino:

  • 7. Arenal Emevé
  • 14. Liceo La Paz

Infantil Masculino:

  • 2. Manuela Rial Dumbría Voleibol
  • 10. Jealsa Boiro Voleibol

Infantil Feminino:

  • 1. Arenal Emevé
  • 17. Calasancias Coruña

Cadete Masculino:

  • 5. Jealsa Boiro Voleibol
  • 12. CV Oleiros
  • 23. Arenal Emevé

Cadete Feminino:

  • 9. Arenal Emevé
  • 14. CV Pontevedra Voz y Sonido Producciones

Xuvenil Masculino:

  • 1. Jealsa Boiro Voleibol
  • 7. Arenal Emevé
  • 21. Vigo Voleibol

Xuvenil Feminino:

  • 2. Arenal Emevé
  • 22. CV Zalaeta

Pode consultar todas as clasificacións na web da RFEVB .

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar