Menu Close

A Federación Galega de Voleibol, a través do CTGA, convoca o curso de Árbitro Territorial B (Nivel I)

Novo curso que continúa co programa formativo da FGVb e do CTGA para esta nova tempada 2020-2021

Continuando co programa formativo do C.T.G.A. e da propia Federación convocase o curso de iniciación a arbitraxe. A celebración deste curso proponse co obxectivo de aumentar o número de membros do estamento arbitral e poder así cumprir coas necesidades de todos os encontros das Competicións Autonómicas.

O curso terá formato on-line, polo que os participantes terán que ter obrigatoriamente un enderezo electrónico e dispor de un ordenador ou ferramenta similar dotado de conexión a internet, micrófono e altavoz ou auriculares e cámara de vídeo. A plataforma utilizada será Zoom, de balde en todas as plataformas. Da mesma forma, os participantes deberán estar conectados durante a duración das clases, coa cámara activada e deberán responder as peticións que o profesorado lle poda dirixir.

O total de horas do curso é de 30 horas, repartidas en 5 días. As datas de celebración son do 14 ao 18 de novembro (5 días).

Os horarios serán:

  • Sábado 14 de novembro: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas (9 horas)
  • Domingo 15 de novembro: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas (9 horas)
  • Luns 16 de novembro: de 16:00 a 20:00 horas (4 horas)
  • Martes 17 de novembro: de 16:00 a 20:00 horas (4 horas)
  • Mércores 18 de novembro: de 16:00 a 20:00 horas (4 horass)

O custe do curso é de 60,00€ por asistente e para formalizar a inscrición débese enviar o modelo G-13 II xunto co xustificante de pago á conta de correo de arbitros@fgvb.es antes do día 12 de novembro as 13:00 horas. O ingreso farase na conta da Federación Galega de Voleibol: Banco de Sabadell ES71 0081 0499 6400 0137 8440. Recordamos que as persoas interesadas en participar no curso deben ser maiores de 16 anos ou cumprilos durante o 2020.

A Federación Galega de Voleibol reservase o dereito a suspender o curso, por falta de participación ou calquera outra circunstancia que poida impedir a súa correcta organización. En tal caso, informarase do feito os inscritos e faranse os abonos das cotas xa abonadas, sen que proceda calquera outra indemnización.

Pode consultar a información completa do curso no seguinte enlace.