Menu Close

A Federación Galega de Voleibol fai pública a súa nova imaxe corporativa.

Este martes día 22 de xuño  as 12:00 horas tivo lugar a presentación da renovación da imaxe corporativa da Federación Galega de Voleibol na sala de presentación do Complexo Deportivo de Elviña.

Ao acto asisitiron autoridades locais coma Dª. Mónica Martínez Lema,  Concelleira de Deportes de A Coruña, e Roberto García Fernández, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, así coma tamén representantes dos clubs do Volei Galego ou diferentes persoas relacionadas co deporte na Comunidade Autónoma galega.

O Presidente da Federación Galega de Voleibol, Jose Ángel Luna Bargo, comentou na súa intervención que a través desta renovación “facemos unha aposta pola coherencia ca época dixital de hoxe en día. Tras mais de un ano de busca, renovamos a nosa imaxe corporativa permitíndonos atopar unha arquitectura de marca que se integre nos novos tempos, coas novas tecnoloxías e que abranga todo o Volei Galego, dende todas as nosas competicións ata as Seleccións Autonómicas.”

“Mediante esta nova bandeira queremos representar tamén as bases dun novedoso modelo que optimizará o noso deporte en Galicia en todos os seus aspectos, promovendo un salto do voleibol tamén a nivel nacional e que nos permitirá afrontar o futuro con mais optimismo que nunca” expresou o Presidente do Volei Galego.

“Esta nova imaxe simboliza a nosa unión fronte ós novos retos que veñen, coa seguridade de que traballando unidos podemos superalos e mellorar, como levamos todo este tempo facendo medrar xuntos o Volei Galego”

A través da presentación, que durou preto de 30 minutos, explicouse o significado do novo escudo, así coma as súas diferentes aplicacións e a súa versión corporativa realizada por estudiodavinci, mostrando tamén as equipacións de paseo e xogo das Seleccións Galegas que competirán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terán lugar este próximo mes de xullo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar