Menu Close

A FGVb convoca un novo curso online de Xuíz de liña

Debido á maior presencia de equipos galegos en competicións nacionais, nas cales é un requirimento de obrigado cumprimento a presenza de xuíces de liña durante os encontros, proponse a celebración deste curso o 29 e 30 setembro e o 1 de outubro en horarios de 16:00 a 20:00 horas os días 29 e 30 de setembro, quedando en 3 horas para o día 1 de outubro.

O curso terá formato on-line, polo que os participantes terán que ter obrigatoriamente un enderezo electrónico e dispor de un ordenador ou ferramenta similar dotado de conexión a internet, micrófono e altavoz ou auriculares e cámara de vídeo. A plataforma utilizada será Zoom, de balde en todas as plataformas. Os participantes deberán estar conectados durante a duración das clases, coa cámara activada e deberán responder as peticións que o profesorado lle poda dirixir.

As materias que se impartirán, cun total de horas do curso de 11 horas, repartidas en 3 días, son as seguintes:

  • Regulamento comentado
  • Técnica de anotación
  • Normativa
  • Os Xuíces de Liña

Para poder obter a cualificación de apto e así ter o curso pasado, é preciso cumprir os seguintes criterios:

  • Ter asistido o 100% das clases.
  • Presentar os traballos que soliciten o profesorado.
  • Ter superado o total das materias impartidas.
  • Realizar 5 encontros de práctica, amigables ou de competición oficial.

As persoas interesadas en participar no curso deben ser maiores de 16 anos ou cumprilos durante o 2020. Para formalizar a inscrición deberase enviar a información descrita máis abaixo antes do día 28 de setembro as 13:00 horas.

O custe do curso é de 25,00€ por asistente. O ingreso farase na conta da Federación Galega de Voleibol:
Banco de Sabadell ES71 0081 0499 6400 0137 8440 Xunto co modelo G-13 II deberase axuntar o xustificante de ingreso no correo arbitros@fgvb.es .

A Federación Galega de Voleibol reservase o dereito a suspender o curso, por falta de participación ou calquera outra circunstancia que poida impedir a súa correcta organización. En tal caso, informarase do feito os inscritos e faranse os abonos das cotas xa abonadas, sen que proceda calquera outra indemnización.

Pode consultar as bases completas do curso no seguinte enlace.