Menu Close

A FGVb e “Poñendo os lentes no deporte” programa gratuito de formación sobre a violencia en menores.

Amino.gal é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por un grupo de profesionais de  diferentes ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia (sanidade, servicios sociais, educación e xustiza). A Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Amino Galicia, e facendo referencia a Ley Organica de protección integral á infancia e adolescencia fronte a violencia do 9 de xunio de 2020 e ante a implementación por parte do CSD das medidas e protocolos necesarios contra o abuso sexual infantil, está a levar a cabo o programa “Poñendo os lentes no deporte”, no que a FGVb participará activamente a través da Escola Galega de Adestradores.

A importancia deste programa radica na cantidade de nenos e nenas que sofren este tipo de violencia: un de cada cinco ( segundo o Consello de Europa); e os danos tan terribles que causan no seu desenvolvemento. É fundamental que os profesionais que traballan no eido da infancia dispoñan da información e ferramentas oportunas para poder previr, detectar e notificar debidamente o abuso sexual infantil.

Por todo isto, a Federación Galega de Voleibol realizará o  7 de marzo , ás 11:30, un seminario dirixido a todos xs entrenadorxs e directivxs que queiran apuntarse. A inscripción realizarase a través do correo electrónico correo@fgvb.es, con data límite do mércores 3 de marzo.

En dita formación trataránse os seguintes temas:

  • Clasificación do maltrato. 
  • Tipoloxía da violencia sexual contra a infancia.
  • Mitos e realidades sobre o abuso sexual infantil.
  • Detección do abuso sexual infantil.
  • Prevención do abuso sexual infantil. 
  • Como actuar ante unha sospeita.
  • Ferramentas de notificación.

O programa, que será un seminario online dúas horas, será impartido por formadores/as da Asociación na que se formará a todo o persoal que traballe en contacto con menores , para que adquiran os coñecementos básicos necesarios, sobre o abuso sexual infantil, para o seu futuro desenrolo profesional e a implementación de medidas do CSD.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar