Menu Close

A FGVb lanza o seu plan de comunicación para a tempada 20-21.

A Federación Galega de Voleibol enviou hoxe aos clubes un dossier de comunicación para a nova tempada que comezou a pasada fin de semana. Nesta proposta, e seguindo o esquema inicial trazado a tempada 19-20, a FGVb quere seguir dando visibilidade ao noso deporte en colaboración cos clubes aproveitando así as novas tecnoloxías e o auxe das redes sociais.

Co lanzamento desta nova edición do plan, que supuxo a creación da figura de encargado de comunicación nos clubes do Volei Galego, o obxectivo é o de potenciar a marca e a presencia dos clubs así coma do noso deporte nas redes e tramismitir os valores do voleibol galego.

Da mesma forma tamén se pretende mellorar a comunicación existente entre a Federación e os clubes, facéndoa dun xeito máis fluído e constante. A FGVb busca así a participación activa de todos os implicados para que a marca do Voleibol Galego se vexa representada polos diferentes clubs, cada un coa súa filosofía característica e a súa maneira de traballar propia.

Para esta tempada a FGVb contempla tamén a celebración de pequenas formacións telemáticas nas que os clubes poderán recibir nocións básicas sobre programas de edición audiovisual, publicación e seguimiento en redes sociais ou ben confección e envío de Newsletter aos seus xogadores e socios.

En caso de que algún dos clubs non recibira a información ou teña dúbidas da mesma pode dirixirse á conta de correo prensa@fgvb.es.