Menu Close

A FGVB presenta “Café con Volei”

Co fin de aportar coñecementos a persoas que están interesadas en continuar ca súa formación, ou ben para entreter aos afeccionados/as do voleibol nunha época na que o contido dixital está máis demandado que nunca debido as circunstancias que estamos a vivir, a FGVB quere aportar o seu pequeno gran de area e lanza un novo proxecto a través da súa canle de Youtube.


A Federación Galega de Voleibol estreará este xoves as 19:00 horas “Café con Volei”. Esta iniciativa, que naceu en colaboración ca Escola Galega de Adestradores, consistirá na emisión de videoconferencias acompañadas por invitados/as relacionados/as co mundo do Volei Galego.


Os episodios serán de carácter formativo, tratando os diferentes compoñentes técnico-tácticos así como os procesos de ensinanza-aprendizaxe do noso deporte, ademáis de contar tamén con entrevistas a persoas relacionadas co voleibol galego e que poidan aportar valor aos espectadores/as.


Todos os luns se comunicará o invitado/a da semana, explicando unha breve traxectoria do/a mesmo/a a nivel deportivo e anunciando tamén o tema a tratar ese mesmo xoves, no que a partir das 19:00 horas o Director Técnico da FGVB, Juan Carlos Suárez Castelo, conducirá a videoconferencia na que os espectadores/as poderán participar formulando preguntas relacionadas mediante comentarios en directo ou a través das redes sociales da Federación ao longo da semana.