Menu Close

A Xunta de Galicia suspende todas as competicións deportivas a nivel autonómico

O Comité Clínico de Galicia comunicou hoxe en rolda de prensa novas restriccións para a CCAA de Galicia.

Estes novos anuncios afectan directamente ao deporte federado, quedando suspendidas tanto as competicións coma os adestramentos de carácter autonómico, manténdose polo de agora as competicións estatais cunha medida que será efectiva a partir das 00:00 do xoves 21 de xaneiro de 2021.

A Federación Galega de Voleibol, a través dun comunicado oficial, recomendou aos clubes do Volei Galego que se suspenda todo tipo de actividade, á espera de enviar unha circular en función do texto recollido no próximo DOG e que se publicará nas canles oficiais da FGVB.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar