Menu Close

Aberto o procedemento de inscrición de equipos da temporada 20-21

Seguindo coa evolución cara a unha plataforma dixital completa, a FGVb inicia este ano a posibilidade de realizar o proceso de altas tamén de maneira telemática. A partir de hoxe os clubes poderán inscribir aos seus equipos para esta nova temporada que comeza a través da intranet da páxina web da Federación Galega de Voleibol.

Coñecedora das dúbidas que poidan xurdir durante o proceso, a FGVb pon á disposición dos clubs un manual paso a paso para poder facer as altas dos equipos. No caso de precisar axuda extra, os clubs poden contactar co persoal da Federación para acordar unha hora e poder dar apoio durante o proceso.