Menu Close

Agustín Martín Santos reelixido presidente da RFEVB

Unha rifada votación con só un voto de diferenza decidiu a reelección por sexta vez do valisoletano Agustín Martín Santos como máximo dirixente da Real Federación Española de Voleibol. Agustín Martín Santos recibiu 35 dos 69 votos totais emitidos pola Asemblea, polo que foi designado para presidir a RFEVB durante o próximos catro anos superando os 34 votos recibidos pola candidatura de Maribel Zamora.

“Quero agradecer a todas as persoas que participaron neste proceso electoral e felicitar a Maribel Zamora polo seu traballo na candidatura”. “O voleibol falou, foron as eleccións de maior participación. O feito de contar co apoio de tantos estamentos para min é moi importante” sinalaba o Presidente da RFEVB.

“Todos estes estamentos, clubs, federacións, xogadores, árbitros… son a base social do noso deporte. O próximos catro anos serei presidente de todo o voleibol nacional e estou moi orgulloso porque será o meu sexto mandato, e é sinal de que algo estaremos a facer ben” comentaba o valisoletano despois da votación.

O recentemente reelixido presidente da RFEVB esgrimiu a súa liña fundamental de actuación para o próximos catro anos, “Traballarei pola reconciliación do volei nacional. Hai un ano había unha unión moi grande no voleibol nacional, e agora temos que recapacitar e camiñar todos xuntos polo ben do noso deporte. Haberá que modificar moitas cousas e convídovos a todos a participar nesta liña de cambio”.

Do mesmo xeito comentou que “temos que lograr a reunificación do volei. Hai sitio para todos no noso deporte. Hoxe hai moitos máis campionatos de España, conseguimos mellorar entre todos, crecer en número de licenzas… Temos que seguir crecendo, non basta con dicir que estamos entre os primeiros. Conseguimos subir grazas ao traballo de todos e entre todos lograremos seguir o noso desenvolvemento. Esa é a miña invitación á unión do noso deporte”.

Agustín Martín Santos, empresario de 63 anos, xa ao comezo do seu sexto mandato, leva toda a vida vinculado ao voleibol, no que exerceu como xogador, adestrador, árbitro e directivo, chegando á presidencia da RFEVB no ano 2000, sendo o oitavo presidente da entidade, conseguíndose baixo o seu mandato novas cotas de desenvolvemento e éxitos deportivos como a medalla de prata olímpica, o Campionato de Europa de 2007 ou a inauguración do Centro Internacional de Volei Praia.

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar ao Presidente Agustín Martín Santos pola súa nova reelección, desexándolle o mellor nesta nova lexislatura e brindándolle de novo todo o apoio posible para seguir mellorando o voleibol nacional.

Nota completa da RFEVB na seguinte ligazón.