Menu Close

Amura, novo patrocinador oficial da Federación Galega de Voleibol

O Presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna Bargo, aproveitou a concentración desta pasada fin de semana no Concello de A Estrada das Seleccións Galegas cadete e infantil para presentar xunto aos nosos/as xogadores/as as novas equipacións das Seleccións Galegas.

Este acto serviu tamén de presentación da marca Amura como novo patrocinador oficial, representado por Alberto Rivas, Delegado Comercial en Galicia da mesma, e que certificou un acordo entre dúas entidades que xa traballaran xuntas no pasado e que comezan unha nova etapa compartindo camiño.

Na presentación pódese observar a roupa de paseo e de xogo, así coma as indumentarias dos técnicos que se realizaron nun esforzo conxunto entre a marca deportiva e a Federación, e que estrearán mañá mesmo os equipos galegos no CESA que se disputará dende o 15 ao 18 en Valladolid.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar