Menu Close

Aprazada a primeira xornada de Supervisión e Control da FGVB

As xornadas de Supervisión e Control, evento que congrega a rapaces e rapazas de categorías infantil e cadete na localidade luguesa de Quiroga, serve como punto de reunión para compartir coñecementos e práctica sobre o noso deporte a nivel galego nas categorías inferiores.

Debido as circunstancias sanitarias que vivimos na CCAA de Galicia, a Federación Galega de Voleibol vese obrigada a pospoñer a primeira das datas axendadas nesta tempada 2020-2021. Este inicio das Xornadas de Supervisión e Control, que correspondía ao 8 de decembro de 2021, vese posposto para o 17 de xaneiro do próximo ano, sempre que as condicións relacionadas ca pandemia da COVID-19 o permitan.

A FGVB, coñecedora da paixón dos nosxs deportistas lamenta as molestias ocasionadas, e considera que o evento, que congrega multitude de rapaces e rapazas e se caracteriza polo intercambio e aprendizaxe conxunto, non pode garantir unha seguridade digna da súa celebración nos tempos que estamos a vivir agora mesmo.

Pese a estas circunstacias, e ao largo dos vindeiros días, a Federación Galega de Voleibol irá dando a coñecer nova información sobre este tipo de xornadas, así coma as tecnificacións previstas e actualizacións sobre as Seleccións Autonómicas para esta tempada.