Menu Close

Arranca o informe COVID-19 Volei Galego

A FGVB participará nun estudo do impacto real da COVID19 no deporte federado organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración de todas as Federacións Deportivas Galegas.

A través dunha análise dos casos positivos que houbo en persoas que forman parte da realidade deportiva, foran ou non foran estes positivos derivados dunha transmisión na práctica deportiva, a Federación Galega de Voleibol solicitou hoxe aos clubes os datos dos casos confirmados con proba PCR do SERGAS en competición autonómica a través do Coordinador COVID.

A partir da identificación destes positivos no formulario e a orixe dese positivo inicial, suspensión de adestramentos e partidos, poderase acreditar con datos que o contexto deportivo federado do voleibol é seguro e que os protocolos FISIOCOVID-DXTGALEGO están cumprindo a súa función, previndo a COVID19 e a protexendo a todos os axentes que conforman o contexto deportivo federado.

Agradecemos aos clubes galegos a súa colaboración neste proxecto, que a través de datos obxetivos demostrarán que o Volei Galego é un #deporteseguro.