Menu Close

As categorías Benxamín e Alevín xa teñen Campións e Campioas Galegos/as

Con sedes nos Pavillóns das Lagoas e da Solaina (Narón) e o Municipal de San Sadurniño, os máis pequenos do noso deporte disputaron ao longo de todo o día da súa Fase Final, na que se formalizaron os Campións e Campioas Galegos desta temporada 2020-2021, decidindo tamén aos representantes galegos no Campionatos de España Alevín que se celebrarán en xuño deste mesmo ano.

As competicións benxamíns, que se desenvolveron en San Sadurniño durante a mañan, coroaron ao Arenal Emevé na categoría masculina e ao Calasancias Voleibol na feminina, sendo os xogadores máis destacados Eric Méndez e Martina Gómez respectivamente.

No pavillón de As Lagoas, o CD Korbis gañou o dereito a representar a Galicia nos campionatos de España Alevín Masculino, nun encontro final no que venceu ao Calasancias Voleibol, e no que o xogador dos monfortinos Manuel Fernández levou o trofeo como mellor xogador.

Por último e para pechar a xornada, o Alevín Feminino do Arenal Emevé conseguiu o trofeo de campioas, sendo Emma Lorenzana a xogadora máis destacada, e firmando tamén a súa prensenza no Campionato de España representando ao Volei Galego o próximo mes de Xuño.

A modo de resumo, deixamos aquí os catro mellores clasificados dos Campionatos Galegos Benxamín e Alevín:

Benxamín Masculino:

  1. Arenal Emevé BM1
  2. Aldebarán San Sadurniño Benjamín
  3. Asesores Vila Castro (Burgas Voleibol)

Benxamín Femenino

  1. Calasancias Voleibol
  2. Hierros Varela Urbieta (AD Xiria)
  3. CD. Korbis
  4. CV Pontevedra

Alevín feminino

  1. Arenal Emevé
  2. Liceo Blanco
  3. CV Oleiros
  4. Calasancias Voleibol

Alevín Masculino

  1. CD Korbis
  2. Calasancias Voleibol
  3. Arenal Emevé
  4. Asesores Vila Castro (Burgas Voleibol)

Para consultar todos os resultados pode facelo a través do apartado de competicións desta mesma web.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar