Menu Close

Jealsa Boiro e Arenal Emevé, novos Campións Galegos Xuvenil.

(fotos: Arenal Emevé/ Damián Avilés)

Esta fin de semana chegaron os Campionatos Galegos Xuveniles ao calendario da Federación Galega de Voleibol. Con sedes en A Coruña e Boiro, os equipos cadetes femininos e masculinos tiveron as súas competicións repartidas en xornadas de mañán e tarde.

O sábado foi a quenda da categoría feminina. Dende as 10 da mañán no pavillón coruñés do Barrio de las Flores o Calasancias Voleibol, Arenal Emevé, CV Zalaeta e o XAV Cambados enfrentáronse comezando cas Semifinais do Campionato Galego.

O primeiro encontro, derbi entre os equipos coruñeses, decantouse polas de Zalaeta en 3 sets, facendo o propio as de Lugo cun mesmo marcador no total contra as de Cambados. O Calasancias completou o podio no primeiro encontro da tarde levando a loita a 5 sets e dando paso a unha gran final, co enfrentamento entre o CV Zalaeta e o Arenal Emevé. Con hora de comezo ás 19:00, as de Lugo firmaron a súa victoria e o Campionato Galego pola vía rápida (3-0) con María Bouza como xogadora máis valiosa do torneo.

O domingo a competición volveu a Boiro. Os locais recibían ao Calasancias Voleibol, Arenal Emevé e Club Vigo Voleibol nos catro partidos nos que se decidiría o Campión Galego Xuvenil.

Os anfitrións venceron aos de Coruña cun 3-0 no partido das 10:00, sendo a segunda Semifinal para os lucenses tras derrotar aos de Vigo por 1-3. No terceiro e cuarto posto o Calasancias Voleibol firmou a medalla de bronce ao vencer ao Club Vigo Voleibol cun 3-0, deixando a Final para a hora prevista das 19:00. Chegado o encontro, un sólido Jealsa Boiro Voleibol superou ao Arenal Emevé no mínimo de sets permitidos, coroándose como Campións Galegos da categoría Xuvenil Masculino con Alan Davila como MVP.

Recordamos que a próxima semana seguirán as Fases Finais, programadas en A Coruña e Dumbría ca categoría Infantil, celebrándose o feminino o sábado e o masculino o domingo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar