Menu Close

Burgas Voleibol e CV San Martiño, anfitrións das Fases Finais da Segunda División.

Ourense acollerá os próximos 7, 8 e 9 de maio as Fases Finais masculinas e femininas das Segundas Divisións. Con sede no Complexo Deportivo Os Remedios, o Burgas Voleibol e o Club Voleibol San Martiño participarán como organizadores nestas competicións con formato de liga e que decidirán os ascensos de categoría ao longo de 5 xornadas, dividíndose entre mañán e tarde.

No apartado masculino, a celebrar durante os días 8 e 9, O Asesores Vilacastro será o anfitrión na Fase Final da Segunda División Masculina Grupo A, compartindo grupo co CSC de Ávila e o CV Oviedo. Os horarios de competición serán os seguintes:

  • 08/05/21 – 13:30 horas – CSC de Ávila vs CV Oviedo
  • 08/05/21 – 20:30 horas – Asesores Vila Castro vs CSC de Ávila
  • 09/05/21 – 13:30 horas – CV Oviedo vs Asesores Vila Castro

Para a competición feminina, tamén pertencente ao Grupo A da Segunda División, a representación galega recae no Dompa Gestión, que se enfrentará ao Esvol Santander, Universidad de Burgos, Bodegas Corral-CV Haro e RGC Covadonga dende o 7 ata o 9 de maio cos seguintes horarios de competición:

  • 07/05/21 – 10:00 horas – Esvol Santander vs. RGC Covadonga
  • 07/05/21 – 12:00 horas – Universidad de Burgos vs. Bodegas Corral-CV Haro
  • 07/05/21 – 17:00 horas – Dompa Gestión vs. Esvol Santander
  • 07/05/21 – 19:00 horas – RGC Covadonga vs Universidad de Burgos
  • 08/05/21 – 09:30 horas – Universidad de Burgos vs. Dompa Gestión
  • 08/05/21 – 12:00 horas – Bodegas Corral-CV Haro vs. RGC Covadonga
  • 08/05/21 – 16:30 horas – Esvol Santander vs. Universidad de Burgos
  • 08/05/21 – 18:30 horas – Dompa Gestión vs. Bodegas Corral-CV Haro
  • 09/05/21 – 09:30 horas – Bodegas Corral-CV Haro vs. Esvol Santander
  • 09/05/21 – 11:30 horas – RGC Covadonga vs. Dompa Gestión.

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos desexar toda a sorte aos nosos equipos galegos que loitarán polo ascenso de categoría, así coma o maior dos éxitos nos aspecto organizativo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar