Menu Close

Cancelada a primeira proba do C.G. Alevín, C.G. Benxamín e C.P. Prebenxamín.

A primeira proba do Campionato Galego Alevín, Campionato Galego Benxamín e Campionato Provincial Prebenxamín suspéndese debido as previsións metereolóxicas.

Despois de consultar a previsión da Axencia Estatal de Metereoloxía e o Servizo Metereolóxico da Xunta de Galicia (Meteogalicia) a Federación Galega de Voleibol, xunto co colaborador das probas o XAV Cambados, decidiu cancelar as probas previstas para este domingo 25 no Campo de O Pombal.

A Federación segue a estudiar posibles novas datas de celebración, co obxectivo de que xs nosxs pequenxs poidan desfrutar do máximo número de probas posibles e nas mellores condicións.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar