Menu Close

Cancelada a xornada Alevín, Benxamín e Prebenxamín prevista para Dumbría

Unha vez consultadas as predicións da Axencia Estatal de Metereoloxía e de Meteogalicia, a Federación tomou a decisión de suspender a xornada Alevín, Benxamín e Prebenxamín prevista para esta fin de semana.

Debido a data tope de comunicación de equipos participantes nos Campeonatos de España Alevín e Benxamín resulta imposible retrasar a celebración dos Campionatos Galegos Alevín e Benxamín, que se van a celebrar nas datas sinaladas mediante circular.

Non obstante, a vontade da Federación é intentar recuperar as dúas probas que houbo que suspender, comprometéndonos a buscar novas datas para celebrar estas probas de Cambados e Dumbría. Co fin de poder adecuar as datas a conveniencia do maior número de clubs posible, a FGVB está a realizar unha consulta ás entidades para fixar a celebración das mesmas.

Aproveitamos para agradecer a colaboración dos Concellos implicados, Excmo. Concello de Cambados, Excmo. Concello de Narón e o Excmo. Concello de Dumbría e os Clubs implicados CV XAV Cambados, CD Narón Volea e CF Dumbría, que con independencia da celebración ou non do evento puxeron todas as facilidades e medios para poder levar adiante estas xornadas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar