Menu Close

Celebrada a XXXV Asemblea da Federación Galega de Voleibol

O voleibol galego celebrou hoxe no Hotel Tryp de Santiago a súa XXXV Asemblea Xeral, despois da última realizada o pasado día 12 de setembro de 2020.

Con hora de comezo as 10, o acto iniciouse co informe do Presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna Bargo, que fixo repaso da tempada e felicitou a todos os estamentos do Volei Galego pola exitosa e complexa 20/21, así coma pola valentía de ser o primeiro deporte colectivo en comezar a competir de Galicia gracias o escrupuloso cumplimento do Protocolo FISICOVID DXT Galego. Do mesmo xeito comentou gran papel dos equipos galegos en competicións autonómicas e nacionais, que se atopan en grandes momentos de forma coma se está a demostrar.

Despois da aprobación por unanimidade do peche do exercicio 2020, así coma dos presupostos da 2021,  e un breve repaso dos programas de actuación da FGVB nos departamentos de Competicións, Dirección Técnica e Comunicación e Marketing, a Asemblea contou tamén ca presenza de D. Agustín Martín Santos, Presidente da RFEVB, que de xeito telemático quixo parabenizar ao voleibol galego polos recentes éxitos acadados nos Campionatos de España.

A continuación fíxose repaso dos cambios propostos nas Normas xerais e específicas de voleibol (pista, volei Praia e Volei Neve), os regulamentos Xeral da FGVb, o Regulamento de Encontros e Competicións, ,Regulamento Disciplinario da FGVb, Regulamento do Comité Técnico Galego de Árbitros, Regulamento da Escola Galega de Adestradores, Regulamento de Xogo Alevín, Regulamento de Xogo Benxamín e o Regulamento Técnico de Voleipraia sendo todos eles aprobados.

A sesión tivo como derradeiro punto do día os rogos e preguntas, finalizando as 14:30 da tarde.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar