Menu Close

Celebradas as Fases Finais dos Campionatos Galegos Infantil, con vitoria para Club Dumbría e Arenal Emevé.

(Fotografías: J. Parri / Jaime Vilar)

A Coruña e Dumbría acolleron as Fases Finais do Campionato Galego Infantil, coroando a novos Campións e Campioas nesta tempada 20/21.

O sábado 5, o Arenal Emevé, CV Ourense, Calasancias Voleibol e Korbis loitaron ao longo de todo o día no pavillón do Barrio de las Flores. A primeira Semifinal mandou directamente ás anfitrionas á final, que venceron en tres sets ás do Korbis. No encontro das 12, serían as de Lugo as que farían o propio ante un CV Ourense que se levaría a medalla á terceira posición no inicio da xornada de tarde.

Xa na final, o Arenal Emevé conseguiu o título ante as coruñesas, cunha gran actuación na que destacou Uxía Cela como xogadora máis valiosa do torneo.

O domingo 6 o Rotogal Boiro, Arenal Emevé, Aldebarán San Sadurniño, e o Club Dumbría Volei chegaban ao Conco para decidir aos Campións na categoría infantil Masculina. A competición iniciouse ca loita pola final entre o Rotogal Boiro e o Aldebarán San Sadurniño, na que os dous equipos competiron nun gran encontro que se tivo que ir ao quinto set, decantándose para os de Boiro pola mínima. O Dumbría, na segunda semifinal, vencería ao Arenal Emevé en 3 sets, certificando o seu pase á final da tarde.

Na disputa pola medalla de bronce, foron os de San Sadurniño os que se levaron o premio, deixando paso a unha final na os anfitrións levaron o triunfo pola vía rápida con Tiago Fernández como mellor xogador.

As Fases Finais dos Campionatos Galegos pecharán a súa axenda esta fin de semana en Ourense e Monforte, celebrando a categoría Senior tanto masculina coma feminina, e poñendo o broche a unha gran tempada de pista do Volei Galego.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar