Menu Close

Comezan as Fases Finais da FGVb

As Fases Finais da Federación Galega de Voleibol, eventos que decidirán os Campións e Campioas Galegos/as das categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil masculino e feminino da nosa comunidade, inician a súa andadura esta fin de semana.

A competición dará o pistoletazo de saída cos máis pequenos, que o próximo día 17 de maio disputarán os encontros Benxamíns e Alevíns, que terán lugar en San Sadurniño e Narón respectivamente (Circular 10/2021).

A partir desta fin de semana ata mediados do mes de xuño, os deportistas galegos loitarán na pista por representar á nosa terra nos Campionatos de España, sendo as seguintes nas localidades de Boiro e Lugo (Circular 09/2021) ca Fase Final da categoría Cadete Masculino e Feminino.

Do mesmo xeito as Fases de Promoción tamén teñen fixado o seu calendario, decidindo os ascensos de categoría e conformando as novas Ligas de 1ª, 2ª e 3ª División Autonómica para a vindeira tempada 21/22.

Este ano a Federación Galega de Voleibol conta ca colaboración especial de Gadis, empresa á que agradece o seu apoio ao Volei Galego para estas Fases Finais e ca que espera fortalecer o seu compromiso para vindeiros eventos a través da visibilidade ao noso deporte.

Por último recordamos aos clubes galegos que teñen toda a información para a solicitude de ditos eventos no apartado de modelos oficiais desta mesma web, .

(fotos: Damián Avilés)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar