Menu Close

Comunicado Oficial Federación Galega de Voleibol

A Federación Galega de Voleibol lamenta comunicar que a Selección Galega Cadete Feminina non poderá participar nos CESA 2021 que terán lugar esta semana en Valladolid.

Grazas á solicitude por parte da Federación Galega de Voleibol dun cribado masivo, as autoridades sanitarias galegas puideron detectar positivos no grupo, o que levou a tomar a decisión por parte do SERGAS de que o equipo non participase na expedición programada para a competición nacional.

Pese á realización e o pleno de negativos nos test de antíxenos á súa entrada de todos os compoñentes do grupo, o protocolo específicamente deseñado e todas as indicacións que seguiron tanto corpo técnico como xogadores/as ao longo de ambas concentracións que se mantiveron en grupos burbulla durante os 3 días, o virus golpeou unha vez máis as nosas seleccións, , deixando sen competir a parte do grupo galego debido a positivos consecuencia de contaxios no entorno familiar e externos ás concentracións feitas pola Federación.

Grazas aos protocolos impostos pola Federación e ao aislamento entre grupos, o resto de seleccións seguen ca súa folla de viaxe, participando nos torneos a Selección Galega Cadete Masculina e as Seleccións Galegas Infantil Masculina e Feminina, que teñen prevista a súa saída para hoxe as 15:00 dende distintos puntos de Galicia.

A Federación Galega de Voleibol segue en contacto constante cas autoridades sanitarias galegas, co fin de salvagardar a saúde de deportistas e técnicos que asistiron ás concentracións e que participarán nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar