Menu Close

Comunicado Oficial Federación Galega de Voleibol

A Federación Galega de Voleibol lamenta comunicar o aprazamento da II Proba do Circuito Galego de Volei Praia de Categorías Inferiores prevista para os días 24 e 25 de xullo na Praia de Rodeira (Concello de Cangas).

Causas alleas á FGVB imposibilitan a organización da proba, polo que seguimos a traballar na búsqueda de unha data alternativa que non inflúa no calendario oficial e que permita competir aos nosos deportistas.

Dende a Federación sentimos as molestias que este contratempo externo poida ocasionar aos clubs e participantes inscritos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar