Menu Close

Comunicado oficial Federación Galega de Voleibol

Comunicado oficial sobre as concentracións das Seleccións Galegas da pasada fin de semana en Quiroga

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos informar dun positivo COVID nunha das xogadoras do equipo infantil feminino que realizou a concentración o pasado domingo na localidade lucense de Quiroga.

Esta situación, que veu producida por un contacto familiar e que xa foi posta en coñecemento das autoridades sanitarias nada máis saber a noticia, levou a un confinamento preventivo de todo o grupo infantil feminino así coma á realización dun cribado masivo por PCR ao resto de deportistas e  técnicos que asistiron ás xornadas de concentración dos días 4 e 5 de xullo.

Lamentamos que, pese o protocolo específicamente deseñado e todas as medidas impostas pola Federación (test de antíxenos, medida de temperatura na entrada, comida en grupos de 2 en cada mesa, xel na entrada do pavillón, uso de máscaras en adestramentos e zonas comúns) houbera un contaxio nun dos grupos, o que nos obriga a extremar as precaucións máis aínda de cara ó futuro.

Do mesmo xeito tamén queremos informar de que as actividades previstas para esta fin de semana en A Estrada e a viaxe a Valladolid polos CESA foron aprobadas polo SERGAS, despois de coñecer e valorar a situación actual das nosas Seleccións Autonómicas, e que continuamos en contacto directo cas autoridades sanitarias galegas co fin de asegurar a saúde dos nosos/as deportistas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar