Menu Close

Coñecendo DeporVolei, a nova canle de Twitch de Volei Galego

Esta pasada fin de semana, o canal DeporVolei comezou a súa emisión de contidos. Mateo Fernández, responsable do proxecto, comenta ca Federación Galega de Voleibol esta idea que pretende acercar o Volei Galego a todos/as os/as afeccionados/as a través de streamings e programas de actualidade do noso deporte en Twitch.tv.

  • Cómo naceu o proxecto?

Durante estes meses aumentou o consumo de contido dixital deportivo: entrevistas, cursos, conferencias e tamén algún partido a través da rede. Xurde entón a idea de emitir unha canle no que o Volei Galego poida expresar o seu día a día.

  • A quen vai dirixido?

Principalmente á comunidade de voleibol galego, xogadores, árbitros, adestradores, familias e tamén para afeccionados do deporte en xeral.

  • Cal é a idea con respecto aos streamings dos partidos? Qué categorías abrangue?

Calquera partido pode ser interesante. Haberá derbis, encontros que decidan clasificación ou xogadas brillantes, esperando que alguén o comente, do mesmo xeito que se estivese na grada ou nunha cafetería vendo o encontro. Nas emisións, coma nun “carrusel deportivo”, tentaremos cubrir tódalas categorías.

  • O programa do “El Set en blanco”, en que consiste?

Ao terminar a xornada do fin de semana, faremos un repaso dos resultados e clasificacións das competicións, recollendo opinións e analizando toda a información que nos chegue.

  • Contará con invitados o programa?

É a idea fundamental do canal. A comunidade do voleibol galego poderá comentar e participar, aportando valor á comunidade, e tamén poderá opinar e debatir.

  • Onde e cando poderemos ver as emisións?

A plataforma dixital na que decidimos comezar foi Twitch.com, por facilidade de acceso. Ao final, todas funcionan de xeito parecido, pero esta ten mellor aceptación entre a xuventude, e ten boas ferramentas para interactuar.

  • Cal é a idea de futuro con este programa? A dónde che gustaría que chegase o proxecto?

Os primeiros pasos serán consolidar unha audiencia que acuda as transmisións. Chegar a ter unha programación regular, con variedade de contidos coma outros deportes, sería estupendo.

  • Algún agradecemento nestes inicios?

Por suposto, aos Clubes e os seus responsables, que están a mostrar a súa total colaboración.
O arranque da tempada supón un gran esforzo transmitindo os partidos cos medios propios de cada entidade, para que as familias d@s xogador@s poidan “asistir” virtualmente aos partidos.