Menu Close

Convocada a XXXV Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Voleibol

O Presidente da FGVb D. Jose Á. Luna Bargo convocou o próximo 3 de xullo en Santiago, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda convocatoria, aos membros da Asemblea Xeral para asistir unha nova reunión que pechará a tempada 2020/21 de pista e dará comezo a tempada de praia, sentando tamén as bases da vindeira 21/22.

O acto, que se celebrará no Hotel Tryp Santiago, estará condicionado pola actual pandemia, tomándose medidas para evitar riscos relacionados ca COVID-19 coma a obrigatoriedade de manter a máscara todo o tempo da reunión, o mantemento da distancia de seguridade ou a desinfección das mans antes de cada entrada a sala.

Nesta ocasión, e debido tamén ás restricións sanitarias, poderase solicitar a asistencia como invitado, admitíndose por orde de recepción tras cubrir o formulario de solicitude de asistencia a correo@fgvb.es antes do día 2 de xullo.

Con respecto á orde do día da Asemblea Ordinaria será a seguinte:

  1. Informe do Presidente da Federación Galega de Voleibol.
  2. Peche do exercicio 2021.
  3. Presuposto do exercicio 2021.
  4. Programas de actuación da FGVb.
  5. Normas de competición para a temporada 2021-2022.
  6. Asuntos varios.
  7. Rogos e preguntas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar