Menu Close

Convocado un novo Curso de Árbitro de Volei Praia Nivel II.

A Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros e en colaboración ca Federación de Voleibol do Principado de Asturias, convoca o curso de Árbitro de Volei Praia Nivel II. Dentro do programa formativo do C.T.G.A. e da propia Federación, convócase esta formación de perfeccionamento para os colexiados de xeito telemático co obxectivo de mellorar o nivel de arbitraxe autonómica seguindo o currículo formativo oficial da RFEVB, entidade á que agradecemos a colaboración que nos permite levar a cabo esta iniciativa.

O curso será impartido por árbitros Nivel III con experiencia en competición de carácter nacional e internacional, contando no currículo cas seguintes materias:

  • Regulamento comentado.
  • Técnica arbitral Filosofía da arbitraxe.
  • Técnica de anotación e acta electrónica.
  • Táctica aplicada ao arbitraxe.
  • Metodoloxía.
  • Normativa.
  • Psicoloxía.

O total de horas do curso é de 30 horas, repartidas en 5 días. Sendo as datas de celebración do 11 ao 25 de xuño. Os horarios serán:

  • Venres 11 de xuño: de 19:00 a 23:00 horas (4 horas).
  • Domingo 13 de xuño: de 18:00 a 22:00 horas (4 horas).
  • Luns 14 de xuño: de 18:00 a 22:00 horas (4 horas).
  • Martes 15 de xuño: de 18:00 a 22:00 horas (4 horas).
  • Mércores 16 de xuño: de 18:00 a 22:00 horas (4 horas).
  • Xoves 17 de xuño: de 18:00 a 22:00 horas (4 horas).
  • Xoves 24 de xuño: titorías con profesorado.
  • Venres 25 de xuño: de 18:00 a 22:00 horas (4 horas-exames).

As persoas interesadas en participar no curso deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 18 anos no momento de inicio do curso.
  • Polo menos 2 anos de antigüidade como árbitro de Volei Praia Nivel I

Para formalizar a inscrición, que terá un custe de 100€, débese enviar o modelo G-13 II que se atopa publicado no apartado de descargas da FGVb, e envialo cumprimentado á conta de correo de arbitros@fgvb.es antes do día 12 de xuño ás 13:00 horas. Para consultar a información completa da convocatoria pode facelo a través da seguinte ligazón.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar