Menu Close

Convocatorias oficiais das Seleccións Galegas – CESA 2021

Despois da concentración levada a cabo en Quiroga a pasada fin de semana, os Seleccionadores Galegos deron hoxe a coñecer a lista definitiva dos xogadores e xogadoras galegos/as cadetes e infantís que participarán nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán do 15 ao 18 de Xullo en Valladolid.

Nesta derradeira convocatoria antes dos Campionatos de España que terá lugar en A Estrada de venres a domingo, as categorías infantil terán hora de entrada ás 16:00 horas, sendo as 17:30 a hora fixada para os cadetes no emplazamento de chegada e recollida, o Pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro (Rúa da Cultura, A Estrada).

Recordamos que os/as xogadores/as deberán levar toalla, DNI e a súa tarxeta sanitaria, facendo na súa entrada un test de antíxenos a técnicos e xogadores/sa para crear un grupo burbulla, pernoctando na Academia Galega de Seguridade Pública ata o domingo, onde a categoría infantil terá hora de recollida as 18:00 e a cadete as 20:00 no mesmo punto de chegada.

A continuación mostramos as listas dos xogadores/as, así coma o seu club de procedencia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar