Menu Close

Entrevista a Raquel Cameselle, Presidenta do Club Volei Praia Vigo

  • Para quen non coñeza o clube, descríbanos en breves palabras que é o Club Volei Praia Vigo e o que significa fomar parte del. 

O club Volei Praia Vigo é unha pequena-gran familia, que o que persegue é que todos e cada un dos xogadores e xogadoras que o integran atopen o seu lugar, teñan voz e voto e poidan disfrutar do noso deporte sexa cal sexa a competición. 

  • Con máis de 170 licenzas rexistradas, como é a organización do clube en relación aos adestramentos ?

A estructura dos adestramentos foi evolucionando pouco a pouco. Na actualidade contamos con 8 grupos (categorías inferiores iniciación, categorías inferiores competición, iniciación feminino/masculino, perfección feminino/masculino e élite femenino/masculino). O que se busca é que os grupos sexan dinámicos e que todos os participantes reciban adestramentos acordes co nivel que teñen nese momento. Isto non quita que haxa movilidade entre os diferentes niveis, porque  precisamente serve para motivar e premiar a xogadores e xogadoras que se esforzan no día a día e que evolucionan gracias a elo. 

  • A esperada medida do Concello de Vigo, ao deixares un espazo nas praias de Samil e O Vao para a práctica deportiva, axudou a unha mellor organización?

Era algo que esperábamos desde hai moito tempo. Ata agora non puidemos comezar porque non tiñamos un horario regular. Como compartimos espacio con outros deportes e a superficie é limitada, todas as disciplinas colaboramos e desarrollamos un horario no que todos podemos adestrar en armonía. Esta semana por fin tomamos a decisión de voltar aos adestramentos porque dispor dun horario fixo así nolo permite. Esta é unha solución temporal, pero esperamos que algún día non moi lonxe poidamos conseguir unha instalación deportiva para disciplinas de praia, na que poder organizarnos moito mellor. Dende o meu punto de vista, unha cidade tan grande como Vigo necesita ter al menos un espacio permanente para este tipo de deportes. 

  • Hai algunha metodoloxía de ensino e de traballo especial ca base? 

A clave para nós é dividir aos xogadores e xogadoras por niveis. En categorías inferiores iniciación por exemplo, traballamos moito mais a técnica, intentamos traballar o físico con xogos e facer os adestramentos mais lúdicos para que comecen a disfrutar o deporte dende o seu primeiro contacto. En cambio, no grupo de categorías inferiores competición, nos adestramentos ademais de traballar técnica e físico, tamén se traballa moito a parte táctica  de cara á competición, xa que o obxectivo é poder alcanzar mellores resultados, e se podemos, aspirar a probas nacionais, xa que consideramos que para as nenas e nenos é unha experiencia moi enriquecedora. 

  • Cómo foi este periodo de volta aos adestramentos e competicións tan atípico?

Aquí en Galicia todavía non tivemos a sorte de voltar aos adestramentos nin á competición, esperamos que para Agosto haxa algunha proba do circuito ou algún torneo amateur, mentres tanto, os xogadores e xogadoras fan pequenas xuntanzas nas que montan a rede e pasan a tarde xogando. Por outra banda, en Cataluña e Valencia, os nosos xogadores e xogadoras xa están a pleno rendemento. Comezaron a adestrar en canto tiveron oportunidade e xa disputaron dúas probas, ainda que nos trasladan que isto podería volver a suspenderse pola realidade que están vivindo na actualidade. 

  • Qué medidas de seguridade estades a tomar nos vosos adestramentos?

Cómo comentaba antes, temos previsto voltar en breve á actividade. Para nós é prioritario manter o protocolo de seguridade para minimizar o risco. Tomaremos medidas dende reducir o aforo dos grupos de adestramento, pasando por desinfectar o material periódicamente ata dispor de hidroalcohol para desinfectar as mans todas as veces que sexan necesarias. Estas son algunhas das medidas que tomaremos, e que serán de obrigatorio cumplimento para todos os participantes nos adestramentos. 

  • Cales son os obxetivos do club para este verán?

Tendo en conta a situación que estamos a atravesar, o obxectivo principal é poder ofrecer un servicio seguro aos nosos vpv’s e que esta temporada sirva de adestramento para preparar a 2020/2021. Dentro desta situación, non se pode marcar ningún obxectivo a nivel competitivo xa que por diante de todo sempre está a saude das persoas. A partir de ahí, todos os resultados que se consigan sempre serán benvidos. 

  • Qué probas están na ruta do Club Vigo Volei Praia para esta temporada?

Por agora a previsión é participar en probas dos circuitos autonómicos que se celebren e madison. Todo isto sempre e cando poidamos garantir a seguridade dos nosos xogadores e xogadoras, se isto non é así, moi ao noso pesar teremos que mantenernos fóra da competición. 

  • Qué papel espera facer o clube no Madison Beach Volley Tour de este ano?

Este ano tivemos novas incorporacións e mantenemos a case todos os xogadores e xogadoras da temporada pasada, polo que creemos que farán un moi bo papel. O ano pasado obtivemos o noso primera medalla a nivel nacional das mans de Nathan Matos co seu compañeiro Roberto Sanfélix que nese momento todavía non pertenecía ao club, pero que finalmente decidiu sumarse á nosa pequena-gran familia xunto a Dani Moreno. Pensamos que esta medalla é a primeira de moitas que están por vir e esperamos que tanto eles como o resto dos participantes, tanto no apartado masculino como no femenino fagan unha boa temporada aínda que moitas probas todavía están no aire. 

  •  O campionato de España en Fuengirola, unha data especial?

Esta data é moi especial. Foi unha medalla de bronce que sabe a ouro. Foi a primeira para nós a nivel nacional, e ademais, que veña de alguén como Nathan, que tendo moitas alternativas escolleunos como club, adestrou algunha temporada ás rapaza, e sempre que pode bota unha man. Ademais de todo isto, nos consta que tanto el como Rober traballaron moi duro para conseguilo, así que é un bronce moito mais que merecido. 

  • A qué se deben os bos resultados conseguidos ate o momento nas nas dúas primeiras probas celebradas? 

Realmente, todo o mérito é dos nosos xogadores e xogadoras. Temos a sorte de contar con personas con unha gran calidade humana, que se implican co club, que o dan todo. Desde a directiva pensábamos que estas probas non darían moitos froitos, xa que viñamos todos dun confinamento, con falta de adestramentos,etc. e era totalmente entendible, pero a realidade é que nos levamos unha moi grata sorpresa, xa que en canto puidemos comezar, todos eles estaban a tope para sair á pista e dalo todo. 

  • Acabamos de coñecer a cancelación por parte da RFEVB a cancelación dos Campionatos de España de Volei Praia, cómo afectará ao clube?

Nós como club, acatamos as decisións que tomen os órganos competentes, xa que é moi importante a seguridade dos nosos xogadores e xogadoras, pero temos que recoñecer que supón un batacazo importante tanto a nivel económico como deportivo para o club. Debido a esta decisión o club sairá moi prexudicado esta temporada.

  • Como ve a presidenta o futuro do club?

Personalmente, dirixir o club xunto aos meus compañeiros da xunta directiva está a ser unha experiencia moi gratificante. O bo ambiente, os resultados, os peques disfrutando do noso deporte e sobre todo a diversión fai que mereza a pena levar xa 3 temporadas neste proxecto. Sinceramente penso que non hai límites e que está todo por conseguir, que seguiremos crecendo e chegando cada vez a mais público. Espero que todo este traballo e esforzo tamén regrese en forma de resultados nas competicións e algún día esperamos poder contar coas instalacións adecuadas na nosa cidade e así poder abarcar moito mais.