Menu Close

Éxito organizativo na Fase Final á Superliga Feminina 2 en Ourense

Esta pasada fin de semana tivo lugar a Fase de Ascenso á Superliga 2 Feminina en Ourense. Ao longo de 3 días, O Pompeo foi o centro do voleibol nacional feminino nun campionato no que participaron 6 equipos de toda España e que rematou ca gran final do domingo ás 12 horas.

No plano deportivo, o conxunto galego anfitrión da proba acadou unha sexta posición que soupo a pouco, pero deixando todo na pista a cada punto. O Nevadis Albolote CV16 sería quinto, cun CN Sabadell que vencería ao CV Oviedo na pelexa polo terceiro posto e co DSV CV Sant Cugat levantando o título despois de chegar invicto á final contra un CD Badajoz Extremadura que se atopa na mesma situación ate o momento, pero que non puido facer nada ante a efectividade en ataque das catalanas (25-17|25-12|25-22).

Na ceremonia final, o Vicepresidente da RFEVB e Presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna Bargo entregou os trofeos aos primeiros e segundos clasificados, así coma o recoñecemento á xogadora máis destacada da final á capitana do DSV CV Sant Cugat Magalí Montoro.

Grazas a unhas medidas organizativas exemplares, nas que se volcaron todos os estamentos da entidade, o Club Voleibol Ourense demostrou unha vez máis a súa capacidade para organizar eventos desta magnitude, aínda a pesar das dificultades que supoñen levar a cabo un campionato deste tipo en plena pandemia mundial.

A Federación Galega de Voleibol súmase a todas as felicitacións realizadas por xogadoras, adestradores, árbitros, público e asistentes, que recoñeceron o gran traballo do club ourensán ao longo de moitas semanas para celebrar este evento de 3 días de duración con gran éxito.

Para consultar os resultados de toda a competición pode facer click na seguinte ligazón.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar