Menu Close

Éxitos Galegos na Copa del Rey e Reina de Volei Praia.

Esta fin de semana en Cala en Bosc de Ciutadella (Menorca) tivo lugar a Copa del Rey e Reina 2021 de Volei Praia. O evento, que xuntou ás doce mellores parellas masculinas e femininas durante 3 días de competición, reafirmou o bo facer dos clubs galegos ao longo da tempada, conseguindo un campionato e subcampionato nas categorías masculina e feminina respectivamente.

Despois dos encontros realizados durante o venres 28 e o sábado 29, as finais virían con acento galego ao ter representantes dos clubs galegos que participaban, o Club Volei Praia Milenio Ourense e o Club Vigo Volei Praia.

Nazaret Florián e a galega Nuria Bouza , representantes do Club Volei Praia Milenio Ourense, realizaron un torneo para enmarcar, sendo únicamente derrotadas na final polas xa bicampeonas de Copa Moreno e Álvarez e conseguindo o subcampionato na categoría feminina.

Timothee Platre e Nathan Matos, do Club Vigo Volei Praia, venceron nun axustado partido da final a Raúl Mesa e Óscar Jiménez, levando os dous sets por 21-19 e firmando deste xeito unha primeira medalla para o club vigués neste campionato moi merecida.

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos parabenizar aos dous clubs e aos seus xogadores, que seguen sumando éxitos para o Volei Praia Galego nesta tempada 20/21, demostrando así a boa saúde desta modalidade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar