Menu Close

Final da Fase Regular da SM2

Esta fin de semana rematou a Fase Regular de SM2, con diferentes resultados para os equipos galegos que participaron no Grupo A da competición durante a presente tempada 20-21.

O Voleibol Dumbría, despois dunha gran tempada, rematou na cuarta posición da táboa tras perder este sábado coma local ante o Sayre Bulcan. Os de Luis Alberto Fernández despídense desta campaña con 27 puntos e despois de ser un serio candidato á fase de ascenso durante toda a tempada, deixando moi boas sensacións na pista.

Meritorias tempadas do Club Vigo Voleibol e o CV Calasancias, que pese a acabar na últimas posicións da táboa competiron nunha complicada etapa, pero na que deron a cara en todo momento. Os vigueses remataron con 20 puntos e gañanado na casa do Extremadura Grupo Laura Otero, campión da fase regular por 1-3.

Os coruñeses, que recibían aos de San Sadurniño na derradeira xornada, non puideron cuns visitantes que se xogaban a a súa presenza na fase de ascenso á máxima categoría do voleibol nacional.

Nunha tempada na que tamén se fixeron ca Copa Príncipe no pasado mes de xaneiro tras vencer coma anfitrións na final ao Arona Intersport, os de Sansa saíron victoriosos do derbi e loitarán por volver á Superliga Masculina, unha xesta que xa conseguiran na tempada 17-18 e na que acompañarían aos equipos galegos confirmados para a nova tempada 21-22, o Arenal Emevé e o Rotogal Boiro Voleibol.

Os de Pesci estarán o próximo mes de abril no sorteo que xuntará aos dous primeiros de cada grupo, co Extremadura Grupo Laura Otero, Arona Intersport, Cisneros Alter, Léleman VB Valencia e Tarragona SPSP. Con sede en Valencia e os cruces pendentes de confirmar mañán (día 23) a través da RFEVB, desexámoslle a mellor das sortes aos nosos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar