Menu Close

Galicia, sede de 3 eventos de voleibol nacional no verán de 2021

A Real Federación Española de Voleibol fixo públicos a través da Circular 8/2021 as datas e e sedes dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas nas modalidades de pista e praia, así coma as dos Campionatos de España , volvendo a demostrar a súa confianza en Galicia para a organización dos seus torneos nacionais.

O primeiro destes eventos en Galicia será do 26 ao 30 de xuño, cando se celebrará o Campionato de España Xuvenil de pista, organizado polo recente Campión Galego o Rotogal Boiro Voleibol, que xa no ano 2018 organizara a categoría infantil masculino.

A tempada de praia abrirase en Galicia, quedando fixado o Campionato de España Infantil de Clubs Masculino e Feminino en Dumbría do 22 ao 25 de xullo, unha localidade que xa organizou a mesma proba no ano 2019 no Ézaro.

A derradeira data sinalada será a do Campionato de España Senior de Clubs Masculino e Feminino, que terá lugar na cidade de A Coruña do 16 ao 22 de agosto e con organización a cargo da Federación Galega de Voleibol.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar