Menu Close

Interpretación da aplicación do Decreto 3/2021 e da orde do 13 de xaneiro de 2021 ao deporte federado según a SXD.

A Secretaría Xeral para o Deporte informou hoxe da súa interpretación con respecto ás novas restriccións de mobilidade. Aínda con todo, o deporte federado nas normas citadas segue a estar dotado dun status propio, polo que a súa práctica segue a estar permitida debendo de axustarse ao disposto nos respectivos Protocolos aprobados segundo o modelo Fisicovid-Dxtgalego .

Así con respecto as restricións de mobilidade de ou cara ás localidades con peches perimetrais mantense o mesmo criterio interpretativo que ata o de agora, considerándose situación xustificadas:

  1. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 3 do punto primeiro do Decreto 179/2020, do 4 de novembro, e na letra d) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro.
  2. Con relación a “Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada”, previsto na letra k) do número 3 do punto primeiro do Decreto 179/2020, do 4 de novembro, e na letra h) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, considéranse xustificados os desprazamentos para a realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou pola participación nunha competición deste tipo. Neste suposto deberase acreditar:
  1. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
  2. Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

a) Por persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Por  outras persoas deportistas federadas, respecto de competicións de ámbito estatal ou de ámbito autonómico non profesional cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

c) As persoas técnicas ou adestradoras das persoas deportistas incluídas nos apartados anteriores.

d) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado da correspondente federación ou club deportivo federado onde se certifique a condición do/a deportista e a causa da exención ás restricións de mobilidade.

Con respecto ao cumprimento á limitación da mobilidade nocturna entre as 22:00 h e as 06:00h, como regra xeral e en atención á situación epidemiolóxica actual esta hora debe de respetarse, polo que os adestramentos e competicións deben de rematar un pouco antes das 22:00 h, permitíndose o desprazamento con posterioridade para o regreso ao domicilio habitual.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar