Menu Close

Lanzamento do blog CTGA-COVID, unha plataforma de información web sobre o uso das instalacións deportivas en Galicia.

Na web https://ctga-covid19.blogspot.com/, dirixida principalmente aos colexiados do Volei Galego, os técnicos, pais, nais e deportistas tamén poderán coñecer o estado das diferentes restriccións das instalacións, co fin de asegurarse das últimas novidades relacionadas ca pandemia, así coma as distintas recomendacións para unha práctica deportiva sen riscos.

Da mesma forma, no apartado de descargas, ademáis de múltiple enlaces de interés, estarán dispoñibles os Protocolos FISICOVID – DXT Galego específicos de cada modalidade, sexan para adestramentos como para competicións, así coma os diferentes modelos da RFEVB.

Queremos agradecer ao estamento arbitral e aos clubes galegos a súa colaboración no desenvolvemento do blog, que se irá completando e actualizando a medida que se dispoña das informacións sobre as restriccións de cada concello.