Menu Close

Novo Curso de Adestrador Volei Praia Nivel I

Continuando ca oferta formativa da presente campaña, a Federación Galega de Voleibol publica un novo Curso de Adestrador relacionado co Volei Praia. O obxecto da convocatoria é completar a formación deportiva de Adestrador Federativo de Volei Praia de Nivel I mediante ensinos conducentes á obtención do Diploma Federativo ao obxecto de poder adestrar categorías de volei praia Infantil (Sub-15) e Cadete (Sub-17) das competicións organizadas polas Federacións de Voleibol de ámbito Autonómico e Nacional.

O curso terá lugar en Ézaro (A Coruña) o próximo 3 e 4 de xullo do 2021, cun horario intensivo 9 a 14 e de 16 a 21, contando cas seguintes materias:

  • Preparación física básica.
  • Técnica e táctica básica.
  • Metodoloxía do adestramento.
  • Xestión de grupos.
  • Xestión e organización básica de proxectos, escolas e eventos.
  • Reglas de xogo.
  • Hábitos saudables.
  • Proxecto de fin de curso.

O curso, que será dirixido por Juan Jose Chinchilla Mira, experto nacional e internacional en Volei Praia e profesor en diferentes cursos impartidos pola Federación Española, terá un custe de 100 euros. Aqueles alumnos que teñan licenza e seguro pagos na presente tempada coa Federación Galega de Voleibol, en calquera dos seus estamentos e/ou categorías, terán un desconto do 10%, quedando a súa inscrición por tanto fixada en 90 euros.

Para a súa inscripción deberase enviar o modelo G13 II a correo@fgvb.es ( dispoñible na nosa páxina web), así coma realizar o pago seguindo as especificacións das bases completas do curso publicadas no seguinte enlace e antes do 30 de xuño.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar