Menu Close

Novas datas e sedes para o Circuito Galego de Volei Praia 2021

Datas actualizadas do Circuito Galego de Volei Praia (07/07/21)

A Federación Galega de Voleibol amplía o seu calendario de probas de Volei Praia Senior e modifica datas para as de categorías inferiores neste verán de 2021.

As competicións alevín, infantil, cadete e Sub-19 volven á area despois do parón producido pola pandemia, que deixou aos nosos/as deportistas sen poder asistir á súa cita ca modalidade de praia no pasado 2020.

Os máis pequenos poderán desfrutar en ata 4 ocasións no Circuito Galego de Volei Praia de Categorías Inferiores, con sedes confirmadas en Dumbría, Cangas, Malpica e A Coruña durante os meses de xullo e agosto do 2021. O calendario, que sufreu variacións nas súas datas pero non nas súas sedes, iniciarase o próximo 17 e 18 de xullo en Dumbría e súmase ao Campionato de España Infantil de Volei Praia do Ézaro como probas oficiais en Galicia.

Da mesma forma, no calendario previamente establecido da categoría Senior e que xa disputou as dúas das súas probas en Ourense e Vigo no que levamos de verán, súmanse dúas datas adicionais en xullo e agosto en Oira, unha delas pechando a tempada de Volei Praia en Galicia na última fin de semana de agosto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar