Menu Close

Comeza o Campionato Base Galego: datas e sedes para as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

Tras descartar formatos previos por non dar a máxima seguridade de todos os participantes nun estado de alarme sanitaria mundial pola pandemia do COVID-19, e tendo en conta as recomendacións que dende os Servizos públicos sanitarios se están a dar, dende a Federación non podíamos deixar a base do noso deporte sen competición, pero sempre tendo en conta o principio de máxima seguridade.

Con esta perspectiva, decidiuse que as probas se celebran o aire libre, con un protocolo específico, e organizando a competición de cada categoría en series independentes, evitando na medida do posible múltiples contactos, pero a vez garantindo unha competición formal, divertida e atractiva para os participantes.

Tras realizar distintas xestións, e grazas a colaboración dos Clubs, procedemos a comunicar a data e sede das distintas probas que se van a celebrar así como a data da Fase Final das categorías de ámbito autonómico:

  • Cambados C.D. O Pombal 25-04-2021 C.V. X.A.V. Cambados
  • Narón C.F. San Mateo 02-05-2021 C.V. Narón Volea
  • Dumbría I.D. O Conco 09-05-2021 C.V. Dumbría

O formato da competición en detalle será comunicado os Clubs nos próximos días, así como o procedemento para inscrición de equipos, as datas límite de inscrición para cada proba e os carteis de cada unha delas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar