Menu Close

O Circuito Galego de Categorías Base – Pequevolei chega a Cambados.

A Federación Galega de Voleibol, en colaboración co Excmo. Concello de Cambados e o CV XAV Cambados, celebrará o próximo día 12 de Xuño a primeira proba do Circuito Galego de Categorías Base – Pequevolei deste ano 2021.

Esta proba confirma o compromiso da Federación para que os máis pequenos do noso deporte poidan competir nun ano no que a pandemia complicou o normal desenvolvemento das súas competicións, pero que non doblegou as ganas dos nosos xogadores e xogadoras de desfrutar da súa paixón.

O evento, que se levará ao aire libre no campo do C.D. O Pombal de Cambados (Pontevedra), terá un formato de competición de 2 grupos de 4 equipos en cada Serie, na que os clubs podrán inscribir aos seus equipos Prebenxamín, Benxamín e Alevín ata o día 9 de xuño as 20:00 horas.

Debido as restriccións de carácter sanitario, que estará rexido pola aplicación do protocolo específico para competicións o aire libre da FGVb esta proba será sen público nas gradas, habendo a posibilidade de seguilo dende o exterior para os acompañantes dos xogadores.

Para dita inscrición os clubs galegos deberán enviar o modelo G10 do evento, ter federados ós participantes e realizar o rexistro na campaña da plataforma Cluber que se está a implementar nesta tempada 20/21.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar