Menu Close

O Circuito Galego de Volei Praia, datas e sedes para o verán de 2021.

Arranca o Volei Praia Galego. Durante este verán de 2021 os amantes do noso deporte poderán desfrutar da mellor competición en ata 13 probas que se disputarán na nosa Comunidade Autónoma.

Desta forma, a tempada de Volei Praia en Galicia comezará esta fin de semana ca disputa do XV edición Torneo Cidade de Ourense, e continuando cas probas do Circuito Verán Deportivo. Ademáis, para os máis xóvenes, este ano a Federación Galega de Voleibol celebrará ata catro probas con sede en Malpica, Dumbría, Cangas e A Coruña, sendo os alevíns, infantís, cadete e sub-19 os que compitan nestas competicións.

Sumando os Campionatos de España Infantil de Volei Praia celebrado en Dumbría e o Campionato de España de Volei Praia de Clubs con sede en A Coruña, o verán en Galicia estará cheo do mellor voleibol autonómico e nacional.

Nos próximos días, publicaremos o Protocolo FisioCovid DXt Galego específico para estas competicións e que está pendente de aprobación polas autoridades sanitarias.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar