Menu Close

O Intasa San Sadurniño, vencedor da XIV Copa Príncipe

A localidade galega de San Sadurniño acolleu, ao longo do 8, 9 e 10 de xaneiro, a XIV edición da Copa Príncipe. Os galegos repetiron o título conseguido en 2016, reafirmandose así como único club que consegue gañar como anfitrión.

Esta Copa, composta inicialmente por seis equipos da SM2, sufriu as baixas por postivos COVID de Mediterráneo Castellón e Servigroup Benidorm, condicionando a fase de grupos, que se levou a cabo o día 8 no Municipal.

Arona InterSport e os anfitrións, Intasa San Sadurniño, presentaron a súa candidatura gañando a Extremadura e Leganés por 2-3 e 3-0 respectivamente, asinando así a súa clasificación como primeiros de grupo para o día seguinte.

No segundo día, cando se disputaron as semifinais, volverón a repetirse os gañadores, chegando así invictos á gran final que se disputaría o domingo. Os galegos vencerían a Extremadura en 5 sets (3-2), mentres que os canarios conseguiron a vitoria por 3-1 ante os de Leganés.

A última xornada comezou ca final de consolación. Un partido moi disputado entre Extremadura Grupo Laura Otero e CV Leganés deixou aos extremeños na terceira posición do torneo ao vencer por 2-3  (26-24/22-25/23-25/25-15/16-18).

No segundo encontro do día, a gran final, ambos equipos chegaban con ganas de obter o primeiro título masculino da tempada, poñendo todo para conseguilo e deleitando aos asistentes cun gran partido con moita emoción.

Arona levou o primeiro set (21-25), contestando os de San Sadurniño no segundo con idéntico marcador, grazas en parte ao gran apoio da bancada que animaba aos seus. O terceiro sería de novo para os galegos (25-23), rematando ao seu  rival nun cuarto set que dominaron dende o principio (25-18).

Nunha entrega de premios encabezada polo Presidente da RFEVB, D. Agustín Martín Santos, acompañado polo Presidente da FGVB D. Jose Ángel Luna e o Excmo. Alcalde de San Sadurniño D. Secundino García Casal, o Presidente galego entregou o galardón ao mello xogador da final, recibindoo o capitán do club local, Marcos Blanco .

D. Agustín Martín Santos e o Secundino García Casal fixeron entrega dos trofeos ao primeiro e segundo clasificado, recibindo Marcos Hermida a copa de campión, que acredita ao Instasa San Sandurniño como campión desta XIV edición e deixando unha vez máis a copa en Galicia.

Día 8

  • Resultados Grupo 1- Extremadura Grupo Laura Otero Vs Arona Intersport: 2 – 3  (24-26/19-25/25-22/22-25/11-15)
  • Resultados Grupo 2- Intasa San Sadurniño Vs CV Leganés: 3 – 0  (25-21/25-21/25-21)

Día 9

  • Semifinal 1 – Arona Intersport Vs CV Leganés: 3 – 1 (25-21/25-19/14-25/27-25)
  • Semifinal 2 – Intasa San Sadurniño Vs Extremadura Grupo Laura Otero: 3 – 2 (25-18/25-12/24-26/21-25/15-5)

Día 10

  • Final de consolación – CV Leganés vs Extremadura Grupo Laura Otero: 2 – 3   (26-24/22-25/23-25/25-15/16-18 )
  • Gran final – Intasa San Sadurniño vs Arona Intersport: 3 – 2 (21-25/25-21/25-23/25-18)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar