Menu Close

O Intasa San Sadurniño volve á Superliga Masculina.

O conxunto galego volverá á máxima categoría do voleibol nacional despois de coroarse campións da Fase Final da SM2 que tivo lugar estes días en Valencia.

Nunha temporada na que tamén se proclamaron campións da Copa Príncipe no torneo que se celebrou o pasado xaneiro na súa localidade, os de Ferrolterra puxeron o broche de ouro á campaña certificando o seu ascenso despois dunha competición para enmarcar e proclamándose campións da mesma.

Os de Sansa, que o tiñan difícil ao partir dun Grupo A que compartían con dous dos favoritos, comezaron o venres vencendo ao Arona InterSport e aos locais Lélemans Valencia VB por 3-1, remontando en ambos partidos o primeiro set e demostrando a súa firme candidatura para a promoción.

Nas semifinais celebradas o sábado os galegos puxeron a directa, vencendo por 3-0 ao Extremadura Grupo Laura Otero, accedendo así á final da Fase e conseguindo o traballado ascenso.

O domingo ás 12, na final celebrada no pavillón Benicalap Sur, enfrentáronse de novo aos anfitrións Lélemans Valencia VB, nun encontro que se saldou con un efectivo 3-0 a favor dos de San Sadurniño, e confirmandose así coma campións.

Deste xeito o Intasa San Sadurniño retorna á categoría de ouro despois do ascenso que conseguiran na tempada 17-18, e acompañarán ao Rotogal Boiro Voleibol e ao Arenal Emevé na campaña 21-22 da Superliga Masculina.

Esta clasificación supón un novo feito histórico para o noso voleibol, xa que a nova temporada que se aveciña sumará 4 equipos nas máximas categorías contando o Arenal Emevé da Liga Iberdrola, unha circunstancia a celebrar por todos os amantes do noso deporte en Galicia.

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar a club, directiva, xogadores e afección por este merecido ascenso, alegrándonos así da súa consecución que demostra o bo facer dos nosos clubes en competición nacional.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar