Menu Close

O Rotogal Boiro Voleibol xa pensa na XLVI Copa Do Rei

(foto: Rotogal Boiro Voleibol)

Este venres día 5 comeza unha nova edición da Copa do Rei con representación galega. Despois da participación do Arenal Emevé o ano pasao, o Rotogal Boiro Voleibol disputará este torneo do KO no Centro Insular de Deportes de Las Palmas de Gran Canaria.

Este torneo, no que participan os mellor clasificados da primeira volta da liga regular, enfrentará ao Guaguas co CV Teruel, Unicaja Costa de Almería, Urbia Energía Vòley Palma, Conectabalear CV Manacor, Melilla Sport Capital, Ibiza Ushuaïa e Rotogal Boiro.

Ao longo do fin de semana, os dous primeiros clasificados da primeira volta acceden directamente ás semifinais do sábado, quedando así a tarde do venres para as eliminatorias e a gran final para o domingo día 7. A participación dos galegos comezará o venres ás 17:30, disputando o seu partido contra o anfitrión, o CV Guaguas.

Pode consultar a información oficial sobre o torneo, así coma o resto de partidos programados na seguinte ligazón da RFEVB.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar