Menu Close

O Intasa San Sadurniño, a pola Copa Príncipe. Entrevista a Uxío García e Marcos Hermida

A Copa Príncipe volve a San Sadurniño. Os próximos 8, 9 e 10 de xaneiro o Municipal acollerá unha nova edición deste evento, onde o Intasa San Sadurniño pelexará contra os mellores equipos da Superliga Masculina 2 para manter o trofeo na casa outra vez máis.

Falamos con Uxío García, Presidente do Club e ex xogador, que describe o anuncio como “ unha gran noticia para o Volei Galego e para o noso clube. Recibímola con moita ledicia, xa que supón unha nova participación do noso clube na Copa Príncipe, ademáis de ser especial que un gran evento deste tipo se xogue en San Sadurniño, xa que é unha das pistas históricas de España”.

“Supón todo un reto, dende a asistencia do público , a repercusión mediática, o desarrollo da competición… A COVID evidentemente afectará ao evento, haberá que tomar medidas especiais con respecto a pasadas edicións, pero esperemos que non inflúa na asistencia de público e que poidamos disfrutar desta competición, sempre respetando todas as medidas establecidas, deixando así un gran evento para todo Ferrolterra”.

O xogador Marcos Hermida (Pakito) tamén nos deixou a súas impresións, máis no aspecto deportivo, comentando que “ o formato  é máis atractivo, xa que temos máis partido que en anteriores edicións, habendo así menos posibilidades de sorpresas.”

“Nós chegamos á competición nunha dinámica ascendente e cremos que temos posibilidade de gañar, de ahí a nosa motivación. Afrontamos a competición con moitas ganas, xogar na casa sempre estimula  e penso que temos opción de facer un bo papel” apuntou sobre o estado do equipo.

Ao ser preguntado por un rival a destacar expresou que “non é doado elixir a un, xa que os equipos estamos en grupos diferentes e a liga está moi igualada, sendo todos moi bos equipos. Quizá dende o meu punto de vista Arona é un rival a ter en conta xa que é un equipo cunha base que se conoce e con reforzos deste ano que están a dar un bo nivel.”

O club dispuxo o teléfono 629 38 49 52 para a reserva de abonos, estando xa dispoñibles para a súa reserva. Os seis equipos de toda España enfrontaranse ao longo do venres, quedando as semifinais para o sábado e ca gran final entre os dous mellores clasificados para o domingo día 10.